0% encontró este documento útil (0 votos)
13 vistas10 páginas

Programación Didáctica: Unidade 2 Lingua Galega

3ºEP

Cargado por

luciamezki
Derechos de autor
© All Rights Reserved
Nos tomamos en serio los derechos de los contenidos. Si sospechas que se trata de tu contenido, reclámalo aquí.
Formatos disponibles
Descarga como PDF, TXT o lee en línea desde Scribd
0% encontró este documento útil (0 votos)
13 vistas10 páginas

Programación Didáctica: Unidade 2 Lingua Galega

3ºEP

Cargado por

luciamezki
Derechos de autor
© All Rights Reserved
Nos tomamos en serio los derechos de los contenidos. Si sospechas que se trata de tu contenido, reclámalo aquí.
Formatos disponibles
Descarga como PDF, TXT o lee en línea desde Scribd

Primaria

Lingua 3
Programación

Unidade 2
1. Presentación da unidade
2. Obxectivos didácticos
3. Contidos da unidade/Criterios de avaliación/Estándares de aprendizaxe avaliables
4. Selección de evidencias para o portfolio
5. Competencias: descritores e desempeños
6. Tarefas
7. Estratexias metodolóxicas
8. Recursos
9. Ferramentas de avaliación
10. Medidas para a inclusión e atención á diversidade
11. Autoavaliación do profesorado
Primaria • Lingua galega 3 • Aprender é crecer Unidade 2

1. PRESENTACIÓN DA UNIDADE

Título
Unha alfombra de follas
Descrición da unidade
Para abrir esta unidade elixíronse dous poemas sobre o outono: un de Ana M.ª Fernández e
outro de Antonio García Teijeiro. E o outono será, precisamente, o campo semántico que
percorra o conxunto da unidade. Ademais, os alumnos e alumnas repasarán as palabras
sinónimas, que xa coñecen de cursos anteriores. Tamén, traballarán conceptos gramaticais e
ortográficos como as sílabas ou o uso do guión e a coma. Volve a haber poesía no Repaso e
no apartado de Cultura, pero antes ofrécense exemplos de dúas tipoloxías textuais diferentes:
o texto instrutivo (na Expresión) e o descritivo (en Literatura). As lecturas, xunto coas
ilustracións, os xogos, os audios, as actividades… contribuirán á asimilación dos contidos e ao
desenvolvemento das competencias básicas.
Un dos principais obxectivos é que os alumnos vexan as súas novas aprendizaxes de maneira
atractiva e motivadora, que gocen aprendendo.
A través das diferentes actividades propostas na unidade, preténdese que os alumnos e as
alumnas adquiran e reforcen os coñecementos seguintes:
• Comprensión do sentido xeral dun texto, oral ou escrito.
• Léxico referido ao outono.
• Palabras sinónimas.
• Clasificación das palabras segundo o seu número de sílabas.
• Identificación da sílaba tónica das palabras.
• Uso do guión e da coma.
• Redacción de textos instrutivos.
• Características dos textos que describen lugares.
• Aspectos culturais comúns a varios lugares do mundo.

Temporalización:
Outubro:

2. OBXECTIVOS DIDÁCTICOS

• Utilizar correctamente o léxico referido ao outono.


• Recoñecer sinónimos de palabras dadas.
• Dividir palabras en sílabas e partir a final de liña.
• Identificar a sílaba tónica das palabras.
• Utilizar correctamente o signo da coma en series de palabras.
• Saber describir un lugar.

2
Primaria • Lingua galega 3 • Aprender é crecer Unidade 2

3. CONTIDOS DA UNIDADE - CRITERIOS DE AVALIACIÓN - ESTÁNDARES DE


APRENDIZAXE AVALIABLES

Estándares de aprendizaxe
Contidos Criterios de avaliación
avaliables

• Audición dos poemas 1. Escoitar textos orais en 1.1. Escoita textos orais
iniciais e do texto do silencio, mostrando atentamente.
apartado «Escoito e interese e respecto.
falo» cunha actitude
favorable.
2. Ler textos poéticos con 2.1. Le textos poéticos con fluidez
• Lectura e fluidez e comprensión. e corrección.
comprensión de textos
poéticos. 2.2. Comprende o sentido global
de textos poéticos e responde
• Adquisición de novo cuestións de comprensión.
vocabulario referido
ao outono e reforzo 3. Aumentar o 3.1. Asimila e aplica o vocabulario
das palabras vocabulario referido ao aprendido: léxico referido ao
sinónimas. outono e utilizar as outono e palabras novas.
• Clasificación das palabras sinónimas. 3.2. Aplica sinónimos en contextos
palabras segundo o dados.
número de sílabas e
identificación da sílaba 4. Dividir palabras en 4.1. Divide palabras en sílabas e
tónica. sílabas e identificar a clasifícaas segundo o seu
• Utilización do guión e sílaba tónica. número de sílabas.
a coma. 4.2. Identifica a sílaba tónica das
• Creación dun texto palabras.
instrutivo.
5. Introducir as normas 5.1. Realiza unha correcta
• Adquisición da técnica ortográficas do uso do partición das palabras
da descrición de guión e da coma. mediante o guión.
paisaxes.
5.2. Recoñece e utiliza con
• Coñecemento dalgúns
corrección as normas de uso
aspectos culturais
da coma.
comúns a varios
lugares do mundo: o 6. Elaborar breves textos 6.1. Redacta con corrección
Día dos Animais. instrutivos. breves textos que explican un
proceso paso a paso.

7. Redactar descricións 7.1. Recoñece e aplica as


de paisaxes. técnicas de descrición de
paisaxes.

8. Aprender algúns 8.1. Mostra interese por coñecer


aspectos culturais algúns aspectos da cultura
comúns a varios global.
lugares do mundo.

3
Primaria • Lingua galega 3 • Aprender é crecer Unidade 2

4. SELECCIÓN DE EVIDENCIAS PARA O PORTFOLIO

Os estándares de aprendizaxe mostran o grao de consecución dos criterios de avaliación


desde a propia descrición e concreción do criterio. Para facilitar o seguimento do
desenvolvemento de cada estándar buscaremos evidencias dos alumnos que mostren a súa
evolución en cada un deles.

No anexo de avaliación proponse un portfolio de evidencias para os estándares de


aprendizaxe. O cadro seguinte suxire unha selección dalgunhas destas posibles evidencias. Os
docentes poderán substituílas por outras que consideren máis relevantes para o
desenvolvemento do seu grupo.
Libro do alumno (LA) / Proposta didáctica (PD) / Recursos fotocopiables (RF)

Estándares de aprendizaxe avaliables Selección de evidencias para o portfolio

1.1. Escoita textos orais. • CD-Audio do LA.


2.1. Le textos poéticos con fluidez e • Suxestións metodolóxicas da PD.
corrección.
2.2. Comprende o sentido global de textos • Selección de actividades do LA.
poéticos e responde cuestións de • Actividade 1 de ampliación dos RF.
comprensión.
• Ficha de comprensión lectora dos RF.
3.1. Asimila e aplica o vocabulario • Selección de actividades do LA.
aprendido: léxico referido ao outono e • Actividade 1 de reforzo e actividade 1 de
palabras novas. ampliación (puntos 1 e 2) dos RF.
• Proposta para desenvolver as
intelixencias múltiples na PD.
• Proposta de aprendizaxe cooperativa na
PD.
3.2. Aplica sinónimos en contextos dados. • Selección de actividades do LA.
• Actividades 2 e 3 de reforzo e actividade
1 de ampliación (último punto) dos RF.
• Actividades propostas na PD.
4.1. Divide palabras en sílabas e • Selección de actividades do LA.
clasifícaas segundo o seu número de • Actividade 4 de reforzo dos RF.
sílabas.
• Proposta de aprendizaxe cooperativa na
PD.
• Actividades propostas na PD.
4.2. Identifica a sílaba tónica das palabras. • Selección de actividades do LA.
• Actividade 5 de reforzo dos RF.
• Actividades propostas na PD.
5.1. Realiza unha correcta partición das • Selección de actividades do LA.
palabras mediante o guión. • Actividade 6 de reforzo e actividade 2 de
ampliación dos RF.
• CD-Audio do LA (ditado).

4
Primaria • Lingua galega 3 • Aprender é crecer Unidade 2

5.2. Recoñece e utiliza con corrección as • Selección de actividades do LA.


normas de uso da coma. • Actividade 7 de reforzo e actividade 3 de
ampliación dos RF.
• CD-Audio do LA (ditado).
6.1. Redacta con corrección breves textos • Selección de actividades do LA.
que explican un proceso paso a paso.
7.1. Recoñece e aplica as técnicas de • Selección de actividades do LA.
descrición de paisaxes. • Actividade 4 de ampliación dos RF.
8.1. Mostra interese por coñecer algúns • Selección de actividades do LA.
aspectos da cultura global. • Suxestións metodolóxicas da PD.

5
Primaria • Lingua galega 3 • Aprender é crecer Unidade 2

5. COMPETENCIAS: DESCRITORES E DESEMPEÑOS

Competencia Descritor Desempeño

Comunicación lingüística. Ler, comprender e Entende os textos propostos


comentar textos. para a realización das
actividades.

Gozar coa lectura. Desenvolve o interese cara á


lectura como fonte de
aprendizaxe e entretemento.

Captar o sentido dos textos Garda silencio e desenvolve a


orais. atención necesaria para
entender o sentido dun texto.

Utilizar o coñecemento das Entende a importancia de


estruturas lingüísticas, respectar as normas
normas ortográficas e gramaticais e ortográficas
gramaticais para elaborar para unha mellor expresión.
textos escritos.

Expresarse oralmente e por Exprésase con corrección.


escrito de maneira
ordenada e clara.

Compoñer distintos tipos de Elabora creacións propias


textos creativamente con aplicando técnicas literarias.
sentido literario.

Competencia matemática e Realizar argumentacións Aplica o razoamento dedutivo.


competencias básicas en con esquemas lóxico-
ciencia e tecnoloxía. matemáticos.

Aplicar os coñecementos Ordena información seguindo


matemáticos en situacións unha orde secuencial.
reais.

Interactuar co contorno Coida o contorno ambiental e


natural de maneira os seres vivos.
respectuosa.

Competencia dixital. Utilizar canles de Utiliza as TIC como apoio para


comunicación audiovisual a aprendizaxe.
para facilitar o traballo.

Comprender as mensaxes Interpreta información verbal e


elaboradas en códigos gráfica, así como mensaxes
diversos. cifradas.

Aprender a aprender. Empregar o dicionario como Manexa o dicionario como


fonte de información. apoio para a aprendizaxe e
para resolver as actividades.

6
Primaria • Lingua galega 3 • Aprender é crecer Unidade 2

Desenvolver estratexias Mellora a capacidade de


que favorezan a memorización mediante o
comprensión dos contidos. recitado e a escoita de textos
poéticos.
Utiliza técnicas de traballo que
facilitan a aprendizaxe.

Seguir os pasos Realiza actividades seguindo


establecidos e tomar unhas pautas.
decisións sobre os pasos
seguintes.

Intelixencias múltiples: Mostra iniciativa e implícase


Desenvolve as distintas tanto en situacións de aula
intelixencias múltiples. como no coidado do contorno.

Competencias sociais e Mostrar dispoñibilidade Participa con interese no


cívicas. para a colaboración activa. coidado do patrimonio natural.

Coñecer e aplicar normas Respecta os sinais presentes


básicas de convivencia. en determinados espazos
públicos.

Educación en valores: Valora, respecta e coida os


Aprender a comportarse animais e os espazos
desde o coñecemento dos naturais.
distintos valores.

Sentido de iniciativa e espírito Ser constante no traballo Mostra unha actitude


emprendedor. superando as dificultades. responsable na realización
das tarefas e interese por
mellorar.

Asumir responsabilidades e Valora a paisaxe e mostra


dar conta delas. unha actitude de compromiso
en relación coa conservación
do medio.

Conciencia e expresións Apreciar a beleza das Goza coa poesía e coa


culturais. expresións artísticas e no riqueza do contorno natural.
cotián.

Valorar a interculturalidade Interésase por coñecer


como unha fonte de riqueza algunas actividades culturais
persoal e cultural. de carácter global.

7
Primaria • Lingua galega 3 • Aprender é crecer Unidade 2

6. TAREFAS
Libro do alumno (LA) / Proposta didáctica (PD) / Recursos fotocopiables (RF) / Libro dixital (LD)

Tarefa 1: Comentario da lectura


• Escoitamos os poemas no CD-Audio ou lémosllelos en voz alta aos alumnos.
• Realizamos os exercicios do LA e do LD.
• Completamos con actividades da PD.

Tarefa 2: Vocabulario
• Aprendemos o léxico referido ao outono no LA e co apoio do dicionario.
• Lembramos o concepto de sinonimia.
• Realizamos os exercicios do LA e do LD.
• Completamos con actividades da PD e coas fichas de reforzo e ampliación dos RF.

Tarefa 3: Gramática
• Aprendemos no LA a clasificar as palabras segundo o seu número de sílabas e a identificar a
sílaba tónica.
• Realizamos os exercicios do LA e do LD.
• Completamos con actividades da PD e coas fichas de reforzo e ampliación dos RF.
• Realizamos outras actividades, que propón a PD, de traballo cooperativo.

Tarefa 4: Ortografía
• Aprendemos o uso do guión e da coma no LA.
• Realizamos os exercicios do LA e do LD.
• Escoitamos o ditado no CD-Audio.
• Completamos con actividades da PD e coas fichas de reforzo e de ampliación dos RF.

Tarefa 5: Expresión
• Aprendemos no LA a redactar un texto instrutivo.
• Realizamos os exercicios do LA e do LD.
• Completamos con suxestións metodolóxicas da PD.

Tarefa 6: Literatura
• Aprendemos no LA a técnica de descrición de lugares.
• Realizamos os exercicios do LA e do LD.
• Completamos con suxestións metodolóxicas da PD e coa ficha de ampliación dos RF.

Tarefa 7: Repaso da unidade


• Realizamos as actividades de repaso da unidade do LA e do LD.
• Recompilamos as actividades para o portfolio do alumno.
• Completamos con suxestións metodolóxicas da PD.

8
Primaria • Lingua galega 3 • Aprender é crecer Unidade 2

Tarefa 8: A nosa cultura


• Aprendemos no LA aspectos culturais comúns a varios lugares do mundo.
• Realizamos os exercicios do LA e do LD.
• Completamos con suxestións metodolóxicas da PD.

7. ESTRATEXIAS METODOLÓXICAS

• Afianzar as habilidades de lecto-escritura e comprensión lectora.


• Fixar hábitos de traballo: coidar o material, observar e reflexionar antes de contestar, subliñar
sempre con regra, deixar marxes no caderno, etc.
• Iniciar o alumnado no manexo do dicionario.

8. RECURSOS

Os seguintes materiais de apoio poden reforzar e ampliar o estudo dos contidos da área de
Lingua:
• O CD-Audio que acompaña o libro do alumno.
• Dicionario de lingua (Dicionario Xerais de Primaria).
• Caderno complementario ao libro do alumno.
• Cadernos de ortografía e murais ortográficos.
• A caixa dos contos.
• Recursos fotocopiables da Proposta didáctica.
• Bibliografía:
- Xoán Neira: Un niño no xardín, Edicións Xerais, col. Sopa de libros.
- Antonio García Teijeiro: Ventos, Edicións Xerais, col. Merlín.
Recursos dixitais
• Libro dixital: os alumnos poderán reforzar ou ampliar os contidos estudados utilizando os
recursos dixitais dispoñibles.
• CD que acompaña á Proposta didáctica, cos recursos fotocopiables.
• Información de interese:
Froito da colaboración entre a Real Academia Galega e a Fundación Barrié,
o Portal das palabras constitúe un espazo aberto a todas as persoas interesadas
na lingua e un eficaz instrumento para o ensino. Ofrece distintas modalidades de
aprendizaxe, e o xogo é unha delas. Trátase de «ensinar deleitando»:
[Link]

9. FERRAMENTAS DE AVALIACIÓN
• Proba de avaliación da unidade.
• Rexistro de avaliación (no anexo de avaliación).
• Avaliación do traballo competencial.

9
Primaria • Lingua galega 3 • Aprender é crecer Unidade 2

10. MEDIDAS PARA A INCLUSIÓN E ATENCIÓN Á DIVERSIDADE

• Que dificultades e potencialidades advirto no grupo durante o desenvolvemento da unidade?

• Como vou minimizar as dificultades?

• Que necesidades individuais prevexo no desenvolvemento da unidade?

• Que recursos e estratexias manexarei para atender ás necesidades individuais?

11. AUTOAVALIACIÓN DO PROFESORADO

• Que porcentaxe de alumnos alcanzaron os obxectivos de aprendizaxe da unidade?

• Que é o que mellor funcionou nesta unidade?

• Que cambiaría no desenvolvemento da unidade o próximo curso? Por que?

10

También podría gustarte